Proba de idioma

O 1 de decembro reunímonos de novo en Santiago para facer as probas de idioma aquelas persoas que non temos xa o máximo nivel de certificación (C2).

No meu caso, tiña un C1. Fixemos unha proba de nivel individual a través de Trinity. Ademáis foi un día moi bonito para vernos de novo todas as persoas participantes, xa que despois de convivir durante un mes de maneira intensiva, foi marabilloso voltar a coincidir.

No meu caso, a proba de nivel de idioma foi moi ben, polo que actualmente teño certificado un C2 en lingua inglesa.

Entrega da memoria e proposta didáctica

A memoria deste programa así como a porposta didáctica foi entregada a través da plataforma de teleformación Platega o 9 de febreiro de 2023.