Difusión á comunidade educativa

Durante os meses de decembro e xaneiro está presente no centro unha pequena exposición sobre a cultura e o centro canadense onde estiven para acercar a experiencia á comunidade educativa. 

Así mesmo, o portfolio de Agueiro está publicado na web do centro (enlace) e ao ser un centro pequeno é moi sinxelo falar en pequenos círculos coa xente para promover o debate e o intercambio de información.

Family Day

O 20 de febreiro tentaremos traer unha conmemoración canadense ao centro que celebra o "Día da familia", onde se busca lembrar a importancia da familia, da vida familiar, da xente e as comunidades. Celébrase o terceiro luns de febreiro, Neste día búscase facer cousas xuntos e xuntas, que pode incluir: ver unha peli, facer a comida, a cea ou un postre xuntos/as,  xogar a xogos, visitar algún lugar, facer sendeirismo, ir ao parque, ir en bici e todas aquelas actividades que nos fan sentirnos ben xuntos/as.