Estacións meteorolóxicas
No marco da asignatura de Ciencias Sociais, o alumnado de quinto de primaria levou a cabo un proxecto de investigación sobre as estacións meteorolóxicas. Como parte do seu traballo, construíron modelos de estacións meteorolóxicas empregando materiais de refugallo, promovendo así a creatividade e a conciencia ambiental.
