Conmemoración do 11 F
O alumnado de quinto e sexto de primaria investigou sobre distintas mulleres científicas ao longo da historia. Tras recoller información, redactaron un texto sobre a figura elixida e posteriormente locutárono. Coas gravacións de audio, elaboramos un vídeo mediante intelixencia artificial no que as mulleres homenaxeadas falaban coa voz das propias alumnas da clase. Finalmente, construímos pirámides de acetato e convertimos os vídeos en hologramas, creando unha experiencia visual inmersiva e significativa.
11 de febreiro de Raquel Zaplana Rodríguez