Pensamento computacional desenchufado
O pensamento computacional pódese traballar e integrar nas aulas de xeitos moi diversos, tamén con actividades desenchufadas. Neste caso, o alumnado de 5º de primaria, traballou o pensamento computacional a través dunha actividade de programación con vasos de plástico. Os alumnos simularon ser programadores e tamén robots, cambiando o seu papel e incrementando a dificultade.
