Acceder

Infografías (1º ESO)

Quen somos?
image
Carla
image
Manuel
image
Claudia
image
Iván
image
Tania
image
Martín
image
Paula
image
Christian
image
Andrés
Cal foi a nosa labor na campaña de ciberseguridade?
image

O alumnado de 1º de ESO participamos na campaña "Clics Seguros en Zas", aprendendo e colaborando activamente do seguinte xeito:

  • Comezamos analizando os trípticos de ciberseguridade creados polo alumnado de 3º de ESO, quen actuou como os nosos mentores, pois isto da ciberseguridade era algo novo para nós.
  • Antes de crear os nosos materiais, fixemos pequenas entrevistas a persoas da nosa contorna (persoas da familia, veciñas, coñecidas...) que pensamos que poderían ter máis dificultades co uso das tecnoloxías. Así entendemos mellor os seus problemas e puidemos preparar axuda concreta para elas.
  • A partir desa información, creamos infografías sobre os distintos temas que detectamos máis dificultades ou interese en coñecer. Todo pensado para que calquera persoa poida aprender de forma clara. Tratamos de que fose algo visual e inclusivo con diferentes formatos de presentar a información (escrito e audio), letra de fácil lectura, pictogramas…
  • Aproveitamos para aprender sobre licenzas e dereitos de autoría, tratando de respectalos na nosa documentación.
  • Finalmente, redactamos correos electrónicos para presentar a nosa campaña á dirección do centro educativo e/ou o concello ao tempo que aprendiamos sobre a etiqueta dixital.
  • Coñecidos os riscos aos que nos enfrontamos na rede, tamén creamos un avatar persoal para protexer a nosa identidade na Internet.
  • Actualmente, comezamoos a facer entrega dos recursos creados ás persoas que entrevistamos e axudarlle a resolver todas as dúbidas que se teñan sobre esa temática.

Grazas a esta experiencia, sentímonos máis preparados e seguros para movernos polo mundo dixital, e comprendemos que nós tamén podemos axudar a construír unha Internet máis segura, máis xusta e ao alcance de todos.

Infórmate coa nosa campaña