Acceder

Trípticos (3º ESO)

image 

Quen somos?
Avatar de Ramón
Ramón
Avatar de Braian
Braian
image
Enmanuel
image
Manuel
Cal foi a nosa labor informativa?
image

O alumnado de 3º de ESO participou de forma activa na campaña “Clics seguros en Zas”, sendo os pioneiros deste proxecto. Os labores que levamos a cabo ao longo do proxecto foron:

  • Analizamos a nosa contorna e os datos de partida deste proxecto, tomando conciencia da elevada porcentaxe de persoas maiores de 65 anos existente no noso concello.
  • Estudamos varios dos riscos existentes no ámbito dixital e as dificultades que existen nos diferentes grupos poboacionais. A través dun coloquio na aula compartimos ideas, puntos de vista e experiencias que nos permitiron comprender mellor a realidade dixital que nos rodea, en especial, a fenda dixital.
  • Creamos trípticos informativos sobre temas chave de ciberseguridade que consideramos de utilidade para as persoas da nosa contorna e que foron fonte de inspiración e guía para os cursos de 1º e 2º da ESO. Ademais, isto fíxonos aprender de xeito intrínseco como elaborar documentación máis accesible no noso día a día, respectar os dereitos de autoría, como crear un QR…
  • Elaboramos propostas para redactar os correos cos que contactarmos coa dirección do centro, sempre respectando as normas de etiqueta dixital.
  • Montamos o espazo físico de ciberseguridade no noso centro.

Con este traballo, aprendemos non só a protexernos mellor no mundo dixital, senón tamén a colaborar e contribuír á creación dunha Internet máis segura, consciente e solidaria.

Infórmate coa nosa campaña