Achegamos recursos para a celebración do Día Universal da infancia que se celebra cada ano o 20 de novembro.
O Concello de Santa Comba colabora coa Asociación Galega de Familias de Acollida "ACOUGO" polo que desde o equipo directivo animamos ao alumnado a participar no DÍA DO PIXAMA. Consiste en que o alumnado de Educación Infantil e Primaria acuda ao colexio en pixama para dar visibilidade a realidade que viven máis de 16.000 nenos e nenas en España que medran en centros de acollida.