O pasado martes 20 de febreiro de 2024, catro mestres/as, membros do PVAD, xunto co persoal de cociña e conserxaría, participaron no curso de DESA, unha actividade encadrada no PVAD.
Este curso é obrigatorio cada catro anos e ten como obxectivo actualizar as habilidades necesarias para responder a situacións de emerxencia médica, como o paro cardíaco.
Sete participantes en total contribuíron ao éxito desta importante sesión de formación, reforzando así o noso compromiso coa seguridade e o benestar de toda a comunidade escolar.