Trátase dunha estadía de innovación educativa e inmersión lingüística en inglés en réxime de internado no complexo Cemar (Mondariz) do 19 ao 25 de maio. Esta actividade é gratuíta, as familias só deben sufragar os gastos de transporte dende o centro educativo.
O alumnado (25 prazas) irá acompañado pola mestra de lingua estranxeira Inglés Carmen Espansandín Vilariño.