Miniatura EF na rúa.png

O alumnado de 5º de EP participou nunha actividade colectiva con outros centros para celebrar o Día da Educación Física na rúa.

Participaron 360 membros do alumnado (51 de 5º de EP do Barrié). Esta actividade de Educación Física de Rúa realizouse na praza de María Pita na Coruña.

Foi unha xornada educativa e lúdica, reivindicativa para pedir máis Educación Física e máis espazos para xogar na rúa. Practicáronse 3 deportes alternativos (Noqball, a rosquilla e Twincon).

Os deportes alternativos son novas propostas de deporte que fomentan a participación, o traballo en equipo, a igualdade, ademais de mellorar a competencia motriz.

 

 

 

Ficheiro PDF