O 15 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR que promove a difusión dos dereitos fundamentais que asisten aos consumidores de todo o mundo, esixindo a súa protección e respecto fronte aos abusos dos mercados.
A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN), os organismos competentes en consumo das Comunidades autónomase o Consello de Consumidores e Usuarios (CCU), súmanse a esta celebración a través dunha campaña conxunta, baixo o lema COÑEZA os seus DEREITOS E FÁGAOS VALER, cuxo obxectivo é informar os consumidores sobre os seus dereitos e como exercelos.
O 15 de marzo de 1962, o presidente Kennedy ante o Congreso dos Estados Unidos, enunciou por vez primeira no mundo os dereitos que lles asistían aos cidadáns na súa condición de consumidores. Este evento é sinalado desde entón como o punto de partida para a protección dos dereitos dos consumidores e usuarios a nivel internacional, de modo que se adoptou esta data para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
Naquel entón proclamáronse os dereitos para ser informados, á seguridade, a elixir, a ser escoitados…
Despois engadíronse outros: á reparación, á educación como consumidores, á satisfacción das necesidades básicas, a un ambiente saudable.
Coñeza os teus dereitos.
Todas e todos debemos coñecer que dereitos nos asisten antes de comprar un ben ou contratar un servizo:
- A mellor protección dos nosos dereitos é a prevención.
- Debemos asegurarnos de que reúnen as características que necesitamos e de que as condicións de venda son as adecuadas.
- A etiquetaxe do produto e a publicidade son dúas fontes de información inicial básicas acerca da calidade, composición, prezo, condicións e sistemas de pago.
Como consumidor, sabía que tes dereito…?
- A protexer a túa saúde e a túa seguridade contra calquera risco.
- A protexer os teus intereses económicos e sociais, especialmente contra cláusulas abusivas en contratos.
- A ser compensado ou compensada por calquera dano que poidas sufrir.
- A recibir información correcta sobre produtos ou servizos e a aprender sobre como usaros correctamente.
- A ser escoitado ou escoitada e a participar en decisións que te afecten, a través de asociacións de consumidores.
- A protexer os teus dereitos a través de procedementos xustos, especialmente cando te sintas en desvantaxe ou indefenso/a.