Este curso 2023/2024 puxemos en marcha no noso centro o plan de benestar emocional. Con este plan pretendemos contribuír a mellorar as competencias emocionais e sociais do noso alumnado, poñendo fincapé na empatía, xestión da ira, autoestima, regulación emocional, autonomía persoal, habilidades sociais, habilidades de afrontamento ás situacións ou circunstancias adversas que nos podemos encontrar na nosa vida, incidindo no benestar emocional de toda a comunidade educativa.
Banco para a resolución de conflitos
Esta iniciativa xorde para poder solucionar os conflitos do patio de forma dialogada e coa colaboración do profesorado e/ou as persoas mediadoras do equipo de convivencia.