Nesta semana un grupo de alumnos de 6°de EP, estivo a participar no programa DIGITAL WEEK, e para o alumnado que quedou no cento o noso colexio deseñou a I Semana de Actividade e Cultura en colaboración co Concello de Santa Comba.
No programa desta actividade incluíronse accións encamiñadas a descubrir, investigar, analizar, observar e lograr un maior nivel competencial e de coñecemento a través de actividades lúdicas e activas.
As actividades programadas foron:
- Xogo teatral enfocado cara coñecemento emocional e prevención do acoso escolar
- Taller de creatividade. Reforzo do sentimento de grupo e traballo colaborativo e busca de solucións creativas ante problemas novos.
- Actividade lúdico-deportiva na piscina municipal
- Reto: Expedición Fervenza, buscando maior coñecemento do entorno e da etnografía.
- Foto-denuncia. A nosa responsabilidade na mellora do entorno. Fotografía dixital