Este día 30 de xaneiro celébrase, O Día Escolar da Non violencia e da Paz nos centros educativos.
A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a harmonía, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, os centros educativos comprométense como defensores da paz e do entendemento entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar.
Este día cúmprese o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Unha educación inspirada nunha cultura da non violencia e da paz permite que o noso alumnado adquira coñecementos, actitudes e habilidades que reforzan o seu desenvolvemento como cidadáns críticos do mundo comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.