Cartos recadados
Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible os cartos recadados durante a carreira. Recaudáronse un total de:
2304,34€
Ingresaranse 1152,17€ para cada unha das asociacións. Fundación Barcala (A Baña e Negreira) e Asociación AVANTE (Val do Dubra).
Moitas Grazas!
Este ano e dentro das actividades enmarcadas no Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD), imos organizar unha carreira solidaria, que previsiblemente e se o tempo acompaña terá lugar o vindeiro venres, 19 de maio durante toda a xornada escolar.
O evento será parecido ao organizado cursos atrás que levara por nome “Quilómetros de solidariedade”, do ano 2020 “Non máis barreiras – Deámoslle a volta ao cancro infantil”, ou do curso pasado “ Non á guerra – Barrié solidario”.