Intercambio de recomendacións lectoras co CEIP Ponto dos Brozos

miniatura intercambio .png

O alumnado de 3º e 4º do no noso centro vén de compartir recomndacións lectoras con outro alumnado do CEIP Ponte dos Brozos.

Por unha banda, recibimos en bólas de Nadal, os libros  para recomendar ao noso alumnado de 3º e 4º de EP.  Ademáis cada clase escribiunos unha carta para presentarse. Ese traballo foi realizado polo alumnado de 3º de EP do CEIP Ponte dos Brozos.

 

Dende o noso centro enviouse unha carta por aula e un montón de calcetíns navideños cheos de recomendacións lectoras para o alumnado dese centro. 

Moitas grazas polas vosas achegas!

 

Clic aquí se queres ler a publicación que fixeron sobre nós en Bibliobrozos