Estimados pai/nais/titores/titoras legais:
Este curso e dentro das actividades enmarcadas no Proxecto de Vida Activa e Deportiva, decidimos participar na proba comarcal de campo a través que terá lugar nas inmediacións do CPI de San Vicente (A Baña) o venres 2 de decembro do presente ano. Esta actividade é destinada para alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria
O alumnado participante deberá levar roupa deportiva axeitada para a carreira e unha muda completa (roupa, calcetíns e calzado) para cambiarse despois da proba.
A saída está programada para as 9:35 h. aproximadamente e a volta a mediodía antes da hora de comedor.
É requisito indispensable que os pais/nais/titores/titoras asinen as pertinentes autorizacións (de participación e para subir os datos necesarios á aplicacion Xogade) para que o alumnado poida participar na proba. O alumnado que non participe na carreira permanecerá no centro.
Se algún alumno ou alumna padece algún tipo de enfermidade ou doenza relacionada coa práctica deportiva debe comunicarllo ao seu titor ou titora.
Para calquera dúbida ou suxestión poden poñerse en contacto co titor/titora do alumno/a ou co coordinador do Proxecto de Vida Activa e Deporte.