Acceder

Presentación do CPI de Zas

 image 

Benvida ao CPI de Zas

Quen somos?

image

O CPI de Zas,  situado no concello do mesmo nome, atópase na zona central da Costa da Morte, na provincia da Coruña. 

No noso centro impártense todas as ensinanzas das etapas obrigatorias:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Secundaria Obrigatoria

 O alumnado do noso centro procede integramente do concello de Zas e, na súa maioría, cursa toda a etapa de ensinanzas obrigatorias no centro. Isto fai que o noso día a día se desenvolva nun ambiente familiar, próximo e nun clima de confianza que facilita unha educación personalizada.

Ademais, a nosa comunidade educativa está estreitamente vencellada a unha contorna rural. Unha grande parte das familias do no noso alumnado teñen unha economía que se sustenta principalmente na agricultura e a gandaría, que favorece o respecto pola natureza e a contorna sexa un valor indispensable para o noso estudantado. 

 Dámoslle a benvida ao CPI de Zas, un centro educativo onde a educación se vive en familia, dun xeito integrador e onde cada día medramos xuntos/as!

 

Onde estamos?

Contacto

 

 

  

Licenza

Licencia CC-BY-NC-SA

Departamento de Tecnoloxía do CPI de Zas

Curso 2024/2025