Logo 1.png

logocabecera1.png

  Información para alumnado e familias

Programacións didácticas 2023.2024

Ofrecemos un ensino humano e técnico que trata de formar as persoas para seren capaces de integrarse no mundo social, laboral e profesional, promovendo cantas iniciativas ó seu alcance se poidan fomentar para acadar a dimensión pública e social necesarias para unha integración axeitada na sociedade actual así como para a adquisición dos coñecementos necesarios que permitan a continuidade dos estudios ata o nivel universitario.

Como centro público, defínese ideoloxicamente neutral, respectando as ideas políticas e relixiosas de tódolos membros da comunidade escolar, renunciando a todo tipo de adoutrinamento ou sectarismo.

Respecto á lingua, recoñécese o dereito de tódolos membros da comunidade escolar a utilizar calquera das dúas linguas oficiais, galego e castelán, dentro do que en cada intre fixen as normativas do Estado e da Xunta de Galicia.

A metodoloxía procurará o consenso entre os membros, para acadar a cooperación necesaria para a consecución dos obxectivos comúns, en beneficio do alumnado.

Atendendo á diversidade dos alumnos /as buscaranse aprendizaxes que se integren na rede de coñecementos previos do individuo, contribuíndo ó desenvolvemento das súas facultades intelectuais. Compre ter en conta que o alumno/a non só se está a formar académicamente, senón que ó longo da súa permanencia no Instituto debe velarse pola súa formación como persoa, estimulando actitudes e valores como a tolerancia, responsabilidade solidariedade e o espiritu crítico que faciliten a socialización dos alumnos e alumnas.

Fomentamos a creación dun ambiente de traballo sereno, no que impere o respecto, a colaboración e a reflexión.

Na xestión institucional poñemos en práctica un modelo de xestión participativa e democrática que facilite que tódolos componentes da comunidade educativa dispoñan dos medios de información, consulta e decisión precisos para conquerir a integración nos obxectivos comúns así coma na gobernabilidade do Instituto según o previsto na lexislación vixente.