Acceder

Recuncho lector ciberseguro

 image 

Que é o recuncho lector ciberseguro?

image

Na nosa biblioteca abrimos unha fiestra ao mundo dixital a través do “Recuncho lector ciberseguro”, un espazo que combina o pracer da lectura coa aprendizaxe. Neste recuncho pódese atopar un dos nosos espazos ciberseguros con materiais visuais -infografías, dípticos e trípticos -, deseñados polo noso alumnado para aprender a coidarnos na rede, recoñecer riscos e facer un uso responsable das tecnoloxías.

Tamén se ofrecen recomendacións lectoras con títulos nos que a seguridade na rede, a identidade dixital ou os perigos tecnolóxicos forman parte da historia. Libros que nos atrapan coas súas tramas e que, sen apenas decatarnos, convídannos a pensar e reflexionar. Cada lectura vai acompañada dunha pequena guía que axuda a mirar máis alá da historia.

As nosas recomendacións lectoras

Proximamente dispoñibles

 

 

 

 

Licenza

Licencia CC-BY-NC-SA

Departamento de Tecnoloxía do CPI de Zas

Curso 2024/2025