Guía de Nadal 2023/2024
Este curso, Bibliorrato Xalleiro vén cargado cunha nova guía de Nadal, repleta de recomendacións lectoras e cunha mención especial á banda deseñada en galego.
Non nos podemos esquecer de Miguel López, o "Hematocrítico", e os seus numerosos libros infantís que convidan á lectura desde o humor.
Tamén realizamos intercambios de propostas de libros entre o alumnado, facilitando unha serie de modelos.