Como en cursos anteriores, dentro do programa de Bibliotecas Escolares Solidarias, o alumnado de quinto e sexto de educación primaria levou a cabo a actividade de "Apadriñamento/amadriñamento Lector", co alumnado da etapa de educación infantil e de primeiro de educación primaria.
Con esta iniciativa búscase incentivar o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura, actividade integrada na categoría de Ler con D ou lecturas compartidas dentro do centro.
Aquí contades cunha pequena mostra fotográfica da actividade levada a cabo.