Tamén decoramos os nosos corredores con imaxes detalladas dalgúns dos dinosauros máis famosos e reproducións das súas estruturas óseas.
Doutra banda, o alumnado de educación primaria realizou diversos traballos documentais. As aulas de primeiro ciclo centráronse na elaboración de fichas técnicas nas que recolleron información sobre: os nomes científicos dos principais dinosauros, a súa descrición, alimentación e localización.
No segundo ciclo recolléronse dino-curiosidades, plasmándoas en murais e nun gran formato de presentación para poder ser consultado por toda a comunidade educativa.
O terceiro ciclo de primaria fíxonos viaxar pola liña do tempo da era Mesozoica, do Triásico superior ata finais do Cretácico.
Gozamos moito desta aventura, esperando con impaciencia outra proposta de "Exploradores en Acción", da man da biblioteca escolar e a súa mascota Bibliorrato Xalleiro.