Abril, o mes do libro, está cheo de lecturas e de encontros con escritores. Este deu comezo coa visita de Pere Tobaruela e o seu libro: "Formigas. Misión Rosalía", dirixida ao alumnado de quinto e sexto e dá continuidade coas tres sesións programadas coa mestra, filóloga, autora e ilustradora Claudia Herrero Kaczmarek, coa presentación dos seus libros "O salto do lobiño Ulf ao descoñecido" para o alumnado de segundo e "La otra orilla" para o alumnado de terceiro e cuarto de Educación Primaria.
A escritora compartiu connosco os libros que publicou e as súas traducións, xunto con aqueles libros que lle inspiraron para escribir "La otra orilla" e "O salto do lobiño Ulf ao descoñecido". Tamén respondeu ás nosas preguntas e curiosidades e puidemos compartir con ela outras beiras, desexos, soños e obxectivos persoais.
Feedback
E buscando o feedback dos seus lectores deixounos unhas preguntas:
1) Cal é o teu personaxe favorito? Por que?
2) Que escena gustouche máis?
3) Como describirías a Ulf, Raida e Ien con tres palabras?
4) Aprendiches algo con esta historia?
5) A lobiña Nilsa cruzará a beira?
6) Se o fai que sucederá?
7) Gústache o final do conto?
8) De que che gustaría que escribise un conto no futuro?