Hoxe deixámosvos unha mostra da actividade de contacontos ou narración oral levada a cabo por un grupo de alumnos/-as de cuarto de educación primaria.
Esta actividade está intimamente ligada ao ámbito lingüístico e aos bloques de comunicación oral e educación literaria.
Esta entrada estrutúrase en dúas partes, co fin de poder visualizar toda a mostra de fotos e pequenos vídeos realizados.
Esperemos que vos gusten!
Proximamente, subiremos tamén unha actividade de exposición oral, na que o alumnado tratará diversos temas que forman parte dos seus centros de interese, coa que tamén se traballará a alfabetización mediática e informacional.