Por fin!
Por fin!!!
Chegou o día. Ao fin chegou o tempo en que as cousas volven a ser como deberían ter sido durante moito tempo.
A nosa biblioteca logra abrir as súas portas como espazo de lecer. Durante dous anos tivo que ser unha sala máis do comedor escolar por motivos das restricións da pandemia covid-19. Pasado ese período era preciso darlle unha nova visión a este espazo tendo en conta algúns criterios que se consideraron especialmente necesarios:
- A biblioteca debe aportar un espazo íntimo e de interacción entre persoas.
- A biblioteca debe aportar material atractivo, e adaptado a todas as persoas (Inclusión)
- A biblioteca debe ser lugar de encontro, conversación sobre a lectura, agradable.
- A biblioteca debe buscar a participación e a acción no noso alumnado e outros sectores.
A primeira acción foi revisión do noso catálogo realizando un intenso expurgo tentando que o material que permaneza sexa o máis atractivo posible e o máis adecuado ao noso alumnado.
Así comezaba o curso escolar para o equipo de biblioteca escolar.
E despois de exhaustivo traballo do equipo, de deseño dos novos espazos, de investigación e de acadar novos usos do mobiliario co que contamos este é o resultado.