e.png.6

COÑECEMOS A PREHISTORIA

Etapas da (pre)Historia

Etapas da (pre)Historia

Visita nocturna a Laxe das Rodas

Visita nocturna a Laxe das Rodas

Actividades de aula

Tíralle da lingua 2022

Tíralle da lingua 2022

25 de novembro

25 de novembro

Booktrailers

Booktrailers

8 de marzo

8 de marzo

Banda deseñada: Desaparición en Laxe das Rodas

Banda deseñada: Desaparición en Laxe das Rodas

INTRODUCIÓN Á COSTURA

As nosas primeiras puntadas

As nosas primeiras puntadas

A pantasma... do Samaín!

A pantasma... do Samaín!

Aprendemos das mellores mestras!

Aprendemos das mellores mestras!

Postais de Nadal

Postais de Nadal

INTRODUCIÓN AOS E-TÉXTILES

Comezamos con Scratch

Comezamos con Scratch

Montamos circuítos eléctricos

Montamos circuítos eléctricos

Deseñamos constelacións

Deseñamos constelacións

Construímos mapas interactivos

Construímos mapas interactivos

Mapa dos petróglifos de Galicia en fieltro

Mapa dos petróglifos de Galicia en fieltro

e.jpg

SESIÓNS DE FORMACIÓN

Primeira sesión de formación

Primeira sesión de formación

Segunda sesión de formación

Segunda sesión de formación

Terceira sesión de formación

Terceira sesión de formación

Cuarta sesión de formación

Cuarta sesión de formación

Carteis petrotéxtiles (1).png.1

DIVULGACIÓN DO PROXECTO

Concello de Muros

Concello de Muros

Que pasa na Costa

Que pasa na Costa

La Voz de Galicia

La Voz de Galicia

Cadena COPE

Cadena COPE

Congreso sobre Competencias Profesionais Docentes

Congreso sobre Competencias Profesionais Docentes

Programa de radio escolar sobre o proxecto

Programa de radio escolar sobre o proxecto

Mércores, 14 de setembro de 2022

Para traballar a comprensión de lectura e, ao mesmo tempo, presentar un dos eixos do proxecto, na aula de 4º, 5º e 6º lemos un texto sobre a estación rupestre de Laxe das Rodas.

Antes da lectura, compartimos os nosos coñecementos previos sobre estes gravados. Despois dunha primeira lectura individual, aclaramos algúns termos importantes relacionados coa arte rupestre e respondemos individualmente a unha serie de preguntas.

Para finalizar, puxemos en común as nosas respostas, comentamos un par de imaxes dos petróglifos e falamos das nosas expectativas a respecto do proxecto.

Details

Mércores, 21 de setembro de 2022

Tras introducir e explicar nesta semana os diferentes tipos de textos e as súas características, pensamos nunha actividade para traballar a descrición.

Cada estudante debuxou nun papel unha persoa da prehistoria (sen máis especificacións) e escribiu, por separado, unha breve descrición das características físicas observables na súa imaxe.

A continuación distribuímonos en cinco grupos e xogamos, por quendas, a adiviñar a que debuxo se correspondía cada descrición. Foi moi divertido!

Details

Venres, 7 de outubro de 2022

En Infantil quixemos familiarizarnos ben cos petróglifos de Laxe das Rodas, que imos visitar esta noite. Para iso, apañamos un feixe de follas, paus e piñas e debuxamos no chan da aula a figura máis grande da estación rupestre.

Mirade que chulo nos quedou!

Untitled design (23).png

WhatsApp Image 2022-10-07 at 14.36.05 (1).jpeg.1

Martes, 18 de outubro de 2022

Os da clase de 1º, 2º e 3º quixemos poñernos na pel dos homes e mulleres do Paleolítico, que tiñan que cazar e pescar o seu alimento para despois cociñalo no lume. Con este obxectivo, debuxamos e pintamos anacos de carne e peixes como os que poderiamos obter da caza e a pesca e saímos ao patio a apañar paus que nos puidesen servir para pendurar a nosa comida sobre o lume.

WhatsApp Image 2022-11-22 at 22.10.17.jpeg

A máquina do tempo (Lúa) (3).png

Do 2 ao 11 de novembro de 2022

A visita nocturna a Laxe das Rodas fíxonos conscientes de todos os coñecementos que tiñan os seres humanos prehistóricos sobre os astros do ceo. Durante as semanas posteriores a esta saída, puxemos en común e lembramos o que xa sabiamos sobre o universo exterior: planetas, sistema solar, satélites, galaxias, buracos negros... e estrelas!

Interesámonos polas constelacións que podemos observar pola noite: cantas hai? Quen as descubriu? Por que se chaman así? Na clase de Ciencias Naturais aprendemos que os nomes das constelacións que coñecemos hoxe en día son os escollidos por persoas que viviron na etapa inmediatamente posterior á Prehistoria: a Idade Antiga! E pareceunos moi interesante que moitas delas se relacionen cos signos do zodíaco. Cada un de nós buscou a súa!

A máquina do tempo (Lúa) (2).png

Por último, fixemos un mapa conceptual organizando toda a información que recompilamos.

20221116_155341_0001.JPG

Mes de decembro

Os meses de novembro e decembro aproveitámolos para ler e investigar sobre a mitoloxía grecorromana. Empregamos varias publicacións de referencia, como A Vida na Grecia Clásica, Mitos e Lendas da Vella Grecia, Disfruta con la Mitología ou El gran libro de la Mitología.

Despois de familiarizarnos cos principais deuses e deusas, organizámonos en parellas internivel para escoller un mito ou historia fantástica. Practicamos as nosas destrezas de tradución coa axuda do noso profesorado e os nosos portátiles e acompañamos os textos dunha ilustración.

O produto do noso traballo foi este fermoso libro que tedes a continuación.