Biblioteca Víctor Sáenz

O blog de Rosiña

O blog de Rosiña

Radio

Radio

Radio 23-24

Celebracións

Festival de Fin de Curso

Festival de Fin de Curso

Os maios

Os maios

Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

Día da Terra

Día da Terra

Día do Libro

Día do Libro

Easter

Easter

St. Patrick's Day

St. Patrick's Day

Día da Muller

Día da Muller

Día mundial da radio

Día mundial da radio

Día de Rosalía

Día de Rosalía

Entroido 22-23

Entroido 22-23

Día da Paz

Día da Paz

Saídas

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Visita a Radio Nordés

Visita a Radio Nordés

Participación no Parlamento de Galicia

Participación no Parlamento de Galicia

Excursión a Camelle

Excursión a Camelle

Excursión a Muxía

Excursión a Muxía

Xoán Curiel e Charo Pita

Xoán Curiel e Charo Pita

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

FP Innova 2023

FP Innova 2023

Campo a través

Campo a través

Teatro en inglés

Teatro en inglés

Actividades

Charla espazos naturais protexidos

Charla espazos naturais protexidos

Xogos con materiais reciclados

Xogos con materiais reciclados

Ciencia en Movemento

Ciencia en Movemento

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de insectos

Obradoiro de insectos

Eventos

Cinema na Aula

Cinema na Aula

Despedida de Yani

Despedida de Yani

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Radio Rosiña curso 2023 /2024

Ola a todos! Aquí presentamos unha mostra do traballo que fixemos neste curso na radio. Agardamos que desfrutedes tanto escoitándonos coma nós gravando!

 

Foto para os programas de Radio Rosiña.jpg

Contos en cadea

Os nenos de 6º elaboraron colectivamente uns contos, coa consigna de que o encargado de iniciar o conto era o responsable de rematalo, poñerlle título e gravalo na radio. Aquí están os resultados!

O número de ouro

No comezo do curso, os nenos de 6º investigaron sobre o número de ouro a pàrtir da serie de Fibonacci. Parece algo complicado, pero en realidade é... apaixonante. Escoitemos o programa que fixeron a partir do investigado.

 

Espiral áurea.jpg.1

O número de ouro

Conto de medo de 4 e 5 anos

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos crearon, escribiron, ilustraron e gravaron este conto no que demostran que  monstros, bruxas e demáis criaturas tamén poden facer a súa vida máis saudable.

Contos de Samaín

Nenos e nenas de todos os niveis xuntáronse no día da celebración de Samaín para elaborar uns contos terroríficos! Despois gravámolos con música e efectos de son para que impresionaran todavía máis!

contos samaín.jpg

Contos infantís

O alumnado de 6º gravou  e editou uns contos para nenos e nenas en castelán para logo practicar a tradución simultánea. Así os nenos e nenas aprenderon a editar o audio coa música... e que a tradución simultánea é moi complicada! Os resultados do experimento foron moi diversos... pero os contos orixinais quedaron moi bonitos!

Anuncios no recreo

Un ano máis recibimos a subvención de Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) para desfrutar de leite e froita na merenda do recreo. Como o leite había que ir buscalo ao comedor, os nenos e nenas de 4 e 5 anos fixeron un anuncio para non esquecerse no recreo, e outro cando acabou o período en cuestión.

Día da Paz

No Día da Paz non podiamos esquecer un dos máis recentes e relevantes conflitos armados que se dan na actualidade, que é o que se está desenvolvendo en Gaza.

IMG_7252.JPG

Contos saudables

Os nenos e nenas de 4º imaxinaron, escribiron e gravaron estes contos saudables, enmarcados dentro do proxecto integrado levado a cabo no centro a través da biblioteca escolar.

Día de Rosalía

Co gallo da celebración do día de Rosalía de Castro, os nenos e nenas de 6º quixeron fusionar un dos seus poemas máis coñecidos co xénero urbano, utilizando unha base dunha canción de Residente. Tócalles aos nosos ouvintes xulgar o resultado!IMG_7298.JPG

Día de Rosalía

Formación de radio con Santi

Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º  estiveron coñecendo as interioridades da radio e aprendendo un montón da man do mestre Santiago García Nieto, que veu varios días ao centro para axudar a realizar os que para moitos e moitas son os seus primeiros programas de radio. Aquí vai unha mostra do traballo realizado.

 

IMG_7862.JPG

 

santi 5 anos.jpg

Pandeireteiras!

Dalia, Keyla e Sofía nos regalaron estas dúas cancións a pura voz e coiro: O verdegaio e Ai, Manuel! A bailar!IMG_6167.JPG

Quen foi Ethel Smyth?

Aproveitando a conmemoración do día da muller traballadora, os nenos e nenas de 6º investigaron sobre a figura de Ethel Smyth, compositora e figura importante do movemento sufraxista. Con todo o aprendido fixeron un mural e un programa de radio.

20240610_135238.jpg

Hábitos saudables en 4º

O proxecto integrado da biblioteca escolar para este curso 2023/2024 estaba centrado na vida saudable. Por isto os rapaces e rapazas de 4º fixeron un traballo de campo sobre este tema e expuxeron os seus resultados no programa que aquí nos traen.

Sergio e os paraugas

Aquí traemos un conto elaborado e gravado polos nenos de 3º.

IMG_2663.JPG

Coplas dos Maios

Este curso celebramos os maios cunhas coplas escritas para a ocasión sobre a base dos Maios de Redondela. Para facilitarlles a aprendizaxe ao resto dos cursos, os nenos e nenas de 4º ofrecéronse a gravar a canción nos estudios centrais de Radio Rosiña.

RTV Enxebre 2º e 3º ciclo

Os nenos e nenas de 3º a 6º estiveron formándose un ano máis en radio escolar da man de Jennifer Chamadoira e Lorena Boga, da ONG Ayuda en acción, a quenes lle agradecemos un ano máis a súa excelente labor e a boa disposición. Ademais este ano contamos coa colaboración de Verónica Couto, como representante da organización Agareso. Con elas elaboráronse e graváronse programas baixo a temática da vida saudable que constituíu o proxecto integrado de Biblioteca deste ano. Aquí tedes os programas de cada curso en doble formato, completo e reducido, para todos os gustos.

 

IMG_4098.JPG

 

IMG_4077.JPG.1

 

Verónica.jpg

Os maiores tamén escoitan

Todo o mundo ten claro que cancións lle gustan. Pero... por que nos gusta unha canción? Esta pregunta tal vez sexa máis difícil de responder.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º entrevistaron aos adultos do colexio para coñecer as súas cancións favoritas. O que obtiveron foron conversas cheas de emocións, recordos, bo humos e, sobre todo... música!

Sheila.jpg

 

Escoitando o programa.png

Os maiores tamén escoitan