Biblioteca Víctor Sáenz

O blog de Rosiña

O blog de Rosiña

Radio

Radio

Radio 23-24

Radio 23-24

Celebracións

Festival de Fin de Curso

Festival de Fin de Curso

Os maios

Os maios

Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

Día da Terra

Día da Terra

Día do Libro

Día do Libro

Easter

Easter

St. Patrick's Day

St. Patrick's Day

Día da Muller

Día da Muller

Día mundial da radio

Día mundial da radio

Día de Rosalía

Día de Rosalía

Entroido 22-23

Entroido 22-23

Día da Paz

Día da Paz

Saídas

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Visita a Radio Nordés

Visita a Radio Nordés

Participación no Parlamento de Galicia

Participación no Parlamento de Galicia

Excursión a Camelle

Excursión a Camelle

Excursión a Muxía

Excursión a Muxía

Xoán Curiel e Charo Pita

Xoán Curiel e Charo Pita

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

FP Innova 2023

FP Innova 2023

Campo a través

Campo a través

Teatro en inglés

Teatro en inglés

Actividades

Charla espazos naturais protexidos

Charla espazos naturais protexidos

Xogos con materiais reciclados

Xogos con materiais reciclados

Ciencia en Movemento

Ciencia en Movemento

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de insectos

Obradoiro de insectos

Eventos

Cinema na Aula

Cinema na Aula

Despedida de Yani

Despedida de Yani

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Details

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE CON ADEGA

ADEGA é unha das asociacións que máis traballa pola defensa da natureza en Galicia. Entre as persoas que forman parte da mesma está María, unha rapaza que nos visitou en dúas ocasións para contarnos en que consiste a compostaxe. Este curso, centrado na pegada ecolóxica, parecíanos moi interesante que os residuos orgánicos que xeramos no centro non acabaran no colector. Por que non facer compost? Foi así como contactamos coa Asociación, e María acompañounos en dúas xornadas formativas para o alumnado de Infantil e Primaria. Na primeira delas falounos da importancia de reducir o consumo (de plástico dun só uso especialmente), de reutilizar todas aquelas cousas que poidamos e de reciclar adecuadamente cada material cando non lle atopemos outra utilidade. Na segunda sesión contounos en que consistía a compostaxe, e trouxo unha mostra de compost que o alumnado puido analizar en pequenos grupos, descubrindo así como insectos diferentes (miñocas, bichos bola, tixeiretas, ácaros...) se encargan de descompoñer os restos dos nosos alimentos de xeito espectacular. Ademais, María asesorou tamén ás cociñeiras e ao profesorado sobre a colocación do composteiro e o seu mantemento.

Foron dúas xornadas moi interesantes nas que aprendemos moitísimo. Agradecemos desde aquí a María a súa paciencia para contarnos e animarnos a compostar!!! Comezamos?