CELEBRAMOS OS MAIOS
Aínda que a festa dos maios non é tradicional no Concello de Mazaricos, parécenos tan bonita que desde hai varios anos convidámosvos a achegar flores, fiúncho, croques, fentos, xestas, etc., para vestir o noso Maio e cantarlle ao seu redor. Este curso non quixemos perdela, así que eliximos o 22 de maio para facelo e amosarvos o fermoso que quedou!