Biblioteca Víctor Sáenz

O blog de Rosiña

O blog de Rosiña

Radio

Radio 23-24

Radio 23-24

Celebracións

Festival de Fin de Curso

Festival de Fin de Curso

Os maios

Os maios

Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

Día da Terra

Día da Terra

Día do Libro

Día do Libro

Easter

Easter

St. Patrick's Day

St. Patrick's Day

Día da Muller

Día da Muller

Día mundial da radio

Día mundial da radio

Día de Rosalía

Día de Rosalía

Entroido 22-23

Entroido 22-23

Día da Paz

Día da Paz

Saídas

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Visita a Radio Nordés

Visita a Radio Nordés

Participación no Parlamento de Galicia

Participación no Parlamento de Galicia

Excursión a Camelle

Excursión a Camelle

Excursión a Muxía

Excursión a Muxía

Xoán Curiel e Charo Pita

Xoán Curiel e Charo Pita

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

FP Innova 2023

FP Innova 2023

Campo a través

Campo a través

Teatro en inglés

Teatro en inglés

Actividades

Charla espazos naturais protexidos

Charla espazos naturais protexidos

Xogos con materiais reciclados

Xogos con materiais reciclados

Ciencia en Movemento

Ciencia en Movemento

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de insectos

Obradoiro de insectos

Eventos

Cinema na Aula

Cinema na Aula

Despedida de Yani

Despedida de Yani

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Unha imaxe

Details

PROGRAMA DE RADIO DESDE FISTERRA

8 de xuño de 2023. Unha data para lembrar entre o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Grazas á ONG Ayuda en Acción, que desenvolve no noso cole o proxecto RTV Enxebre da man de Sergio Pascual, este curso deseñamos un programa de investigación sobre o Prestige. Partindo do tema do proxecto, a pegada ecolóxica, e tendo en conta que no 2022 se cumpriron 20 anos do afundimento do citado petroleiro, en 5º e 6º quixeron coñecer que sucedera e pensar que podemos facer como sociedade para que iso non volva a pasar.

No 1º trimestre comezou este proceso, guiado principalmente por Sergio, e así fomos a Muxía para facer algunhas entrevistas a persoas moi relacionadas con esa catástrofe. O programa final tivo lugar no Museo da Pesca de Fisterra, onde nos recibiu unha persoa entrañable: Manolo López, o guía do museo, aínda que para nós será sempre o poeta de Fisterra, Alexandre Nerium. Tamén nos acompañou Isabel Tomé, unha mestra que daba clase nun cole de Primaria de Muxía cando o Prestige derramou miles de toneladas de petróleo na costa galega. A experiencia foi marabillosa, e todo grazas ao esforzo deste grupo de nenos e nenas de 5º e 6º, pero por suposto tamén a Sergio e a Jenni e Lorena de Ayuda en Acción, que nos acompañaron durante todo o proceso e xestionaron a posibilidade de entrevistar a todas estas persoas así como de encargarse de pagar o transporte para desplazarnos a eses lugares.

Imaxinamos que estades desexando escoitar o programa, así que imos alá!!!

Programa sobre a contaminación dos mares

Details

Fragmento 1 do programa

Descargar VID-20230608-WA0079.mp4 [3.98MB]
Details

Fragmento 2 do programa

Descargar VID-20230608-WA0080.mp4 [4.05MB]
Details

No museo, Manolo

Descargar VID-20230608-WA0078.mp4 [1.81MB]
Details
Details

Día das Letras Galegas: Fernández del Riego

Este curso 2023, adicóuselle o Día das Letras Galegas adicóuselle a Francisco Fernández del Riego. No cole, entre outras actividades, tamén gravamos varios podcasts falando sobre este intelectual galego: un no que colaboraron conxuntamente os grupos de Infantil, 1º e 2º de primaria; outro realizado polo alumnado de 3º e 4º, e un máis do que se encargaron os nenos e nenas de 5º e 6º. Os tres audios enviáronse ao V Concurso de podcasts-Radio na biblio, en colaboración coa CRTVG (Radio Galega), e un deles recibiu un dos premios que se concederon: a entrevista que guionizaron na aula de 3º e 4º para coñecer moitas das facetas e vivencias do autor homenaxeado. Celebramos con alegría ese premio, pero tamén quero dar a en hora boa a todas as persoas que participaron na elaboración de todos estes traballos, xa que o maior premio é escoitarvos en cada un dos programas que facedes para Radio Rosiña!!!

Nos vindeiros días os podcasts seleccionados serán difundidos pola Radio Galega a través da súa páxina www.diariocultural.gal, así como noutros medios da Consellería, pero os nosos podedes escoitalos aquí mesmo!!

PODCAST DE INFANTIL, 1º E 2º

Details

PODCAST DE 3º E 4º

Details

PODCAST DE 5º E 6º

Details
Details

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde, e o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria traballaron contidos de Lingua Galega e Ciencias da Natureza, ademais dos proxectos anuais "A pegada ecolóxica" e "Naturézate". A partir de aí, elaboraron o radiofaladoiro "A natureza cóidanos", a través do cal expoñen a relación entre o coidado do medio ambiente e a nosa saúde. Verdadeiramente interesante, así que non perdades a oportunidade de escoitalos neste programa de Radio Rosiña.

Contido multimedia

Details

XORNADA DE FORMACIÓN CON PONTE NAS ONDAS

Despois das vacacións, comezamos o 3º trimestre cunha actividade que nos fai moita ilusión: un programa de radio!!! Desde que formamos parte de Radio na biblio, cada curso recibimos a formación de diferentes profesionais, que nos van ensinando diferentes maneiras de traballar con este medio de comunicación. Este curso recibimos a Damián, un rapaz que forma parte de Ponte nas Ondas, unha asociación que leva case tres décadas promovendo a cultura galega e do norte de Portugal, e difundindo o patrimonio cultural que compartimos.

Damián estivo con nós toda a xornada, ensinando ao alumnado de 5º e 6º o manexo dun programa de gravación (Audacity), contándolles a todas as nenas e nenos de 3º a 6º algúns trucos para empregar a voz en múltiples situacións, e sorprendéndonos coa súa profesión: actor de dobraxe!!!

Tamén fixemos algúns programas en directo: en 1º e 2º prepararon un concurso radiofónico sobre espazos naturais de Galicia, mentras que os de 3º, 4º, 5º e 6º deseñaron un programa de variedades no que cada sección estaba centrada nun tema que elixiron en parellas.

Aquí podedes escoitar o resultado desta xornada na que o pasamos francamente ben e na que aprendemos moitísimo. Desde aquí agradecemos a Damián todo o que nos aportou, desexando que leve tan bo recordo coma o que deixou en nós!!!

Programa de 1º e 2º con Ponte nas Ondas

Details

Programa de 4º a 6º Ponte nas Ondas

Details

RADIO ROSIÑA EN RADIO VOZ

RADIO ROSIÑA en RADIO VOZ.png

Estamos cheas de emoción con esta noticia: gravamos un programa para Radio Voz!!! Este curso fomos convidadas a participar nesta experiencia que non esqueceremos. O alumnado de 5º e 6º deseñou un programa centrado na natureza e a poesía, para o cal convidaron aos nenos e nenas de Infantil para que recitaran algúns poemas na radio escolar. Ademais, elixiron a algunhas persoas do cole (alumnado doutros cursos, profesorado, cociñeiras, nais...) para facerlles algunhas preguntas relacionadas con este tema. Con todo ese material preparado, recibimos a Antía e Sonia, locutora e técnico de son de Radio Voz, coas que gravaron en falso directo un programa que quedou estupendo. E como sempre quedan cousiñas sen rematar, foron os propios nenos e nenas de 5º e 6º -principalmente Soraya e Iker- quenes se encargaron de editalo para enviar á radio, onde foi retransmitido para toda Galicia o 23 de marzo no programa “La tarde es tuya”.

Se non puidestes escoitalo, podedes facelo a través deste enlace:

https://www.radiovoz.com/archivo/podcast/1/radionabiblio/

Tamén podedes escoitalo e descargalo directamente desde aquí.

Unha aperta enorme e en hora boa a todas as persoas que facilitaron que esta actividade se levara a cabo. Grazas tamén a Antía e Sonia, pola paciencia ante as dificultades imprevistas e polo ánimo que nos amosaron en todo momento!!!

Programa Radio Voz

Details
Details

VISITA DAS FAMILIAS DE 1º A 4º DE PRIMARIA AO CENTRO

En 1º, 2º, 3º e 4º, recibiron a visita na aula dalgunhas das súas familias para falarlles sobre os seus traballos, temática tratada na área de Ciencias Sociais. Contáronlles cousas moi interesantes e aproveitaron a visita para realizarlles unha pequena entrevista para Radio Rosiña, con preguntas elaboradas previamente na área de Lingua Galega.

Moitas grazas a todos/as por animarvos a participar!

Gravación de Adrián

Descargar Adrián pai de Sofía.mp3 [3.82MB]
Details

Gravación de Eva

Descargar Eva nai de Saúl.mp3 [3.46MB]
Details

Gravación de Lorena

Details

Gravación de Mery

Descargar Mery nai de Álvaro.mp3 [2.45MB]
Details

Gravación de Silvia

Descargar Silvia nai de Keyla.mp3 [2.84MB]
Details

Gravación de Yosi

Descargar Yosi nai de Lihn.mp3 [5.37MB]
Details

Gravación de Álex

Descargar Álex pai de Martiño.mp3 [2.61MB]
Details

Gravación 3º e 4º sobre as profesións

Descargar as profesións.mp3 [3.73MB]
Details