Texto
No marco do programa "Naturézate" (Plan Proxecta+) no que participa este curso o alumnado de 1º a 4º, en decembro organizouse o concurso de postais de Nadal "Natureza en Xogo", no cal decidimos participar. En pequenos grupos multinivel, elaboramos postais de Nadal relacionadas co coidado do medio ambiente, sendo unha destas postais unha das gañadoras do concurso. No documento que aparece ao final desta noticia podedes ver os traballos realizados.
Pola celebración do Día da Terra, obtivemos o noso premio. Visitounos Ana Quiroga, membro da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e responsable do programa "Naturézate". Veu acompañada de Ana e Bea, dúas educadoras do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, quen nos deron unha charla e organizaron un obradoiro sobre este parque.
Despois, fixemos un pequeno acto no que Ana nos entregou dous prismáticos, algúns paneis informativos e varias árbores para plantar.
Galería de imaxes
Ficheiro descarga
-
Descargar concurso de postais de nadal.pdf
concurso de postais de nadal.pdf Detalles
- Tuesday, 02 May 2023 [28.4MB]