Festival de Fin de Curso
O curso chega ao seu fin un ano máis, e coma sempre celebrámolo co noso Festival de Fin de Curso.
Houbo actuacións por parte de todo o alumnado, pero tamén houbo tempo para premiar a algunhas alumnas e alumnos cun diploma do Deporte Escolar.
Tamén lle entregamos as orlas aos alumnos de 6º de Educación Infantil, Paula, Julia e Juan, que pasan para a etapa de primaria, noraboa! Tamén levaron a súa orla os alumnos e alumna de 6º de Educación Primaria, os cales deixan o noso cole para embarcarse nunha nova aventura no instituto. Moita sorte para Iker, Soraya, Ángel e Guillermo, botarémosvos moito de menos!
Neste festival houbo tempo tamén para as bágoas, xa que despedimos a tres marabillosas mestras, Susi, Sara e Alba, esta última non puido estar pero estamos seguras que lle chegou todo o noso cariño. E tamén despedimos ao noso director Xavi, despois de 32 anos nestre centro. Agradecémoslle moitísimo todo o seu traballo, cariño e implicación todos estes anos cara o noso centro e cara nós.
Despois do festival as alumnas e alumnos puideron desfrutar de varias actividades organizadas pola ANPA (hinchables, pintacaras, DJ, globoflexia...) toda unha festa!!
Por último, desexarvos un fantástico verán e vémonos á volta coas pilas recargadas!
BO VERÁN!!