Biblioteca Víctor Sáenz

O blog de Rosiña

O blog de Rosiña

Radio

Radio

Celebracións

Festival de Fin de Curso

Festival de Fin de Curso

Os maios

Os maios

Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

Día da Terra

Día da Terra

Día do Libro

Día do Libro

Easter

Easter

St. Patrick's Day

St. Patrick's Day

Día da Muller

Día da Muller

Día mundial da radio

Día mundial da radio

Día de Rosalía

Entroido 22-23

Entroido 22-23

Día da Paz

Día da Paz

Saídas

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Visita a Radio Nordés

Visita a Radio Nordés

Participación no Parlamento de Galicia

Participación no Parlamento de Galicia

Excursión a Camelle

Excursión a Camelle

Excursión a Muxía

Excursión a Muxía

Xoán Curiel e Charo Pita

Xoán Curiel e Charo Pita

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

FP Innova 2023

FP Innova 2023

Campo a través

Campo a través

Teatro en inglés

Teatro en inglés

Actividades

Charla espazos naturais protexidos

Charla espazos naturais protexidos

Xogos con materiais reciclados

Xogos con materiais reciclados

Ciencia en Movemento

Ciencia en Movemento

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de insectos

Obradoiro de insectos

Eventos

Cinema na Aula

Cinema na Aula

Despedida de Yani

Despedida de Yani

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro de 1837 naceu en Santiago unha das poetas máis destacadas da nosa literatura: Rosalía de Castro. No cole, un ano máis, participamos na proposta que realiza a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Para esta edición, Carme Adán foi a persoa encargada de redactar o Manifesto, acompañado do lema “Cumpriuse a xustiza”.

Tendo en conta a idea da AELG, en Educación Infantil prepararon o poema "O moucho" que tanto lles gusta escribíndoo e acompañándoo con imaxes do rostro de Rosalía e dun moucho, creando unha fermosa colaxe.

Na aula de 1º e 2º o poema elixido foi “Adiós ríos, adiós fontes”, que escribiron e ilustraron ao tempo que o aprenderon de memoria para recitalo a través das ondas, nunha gravación que podedes escoitar na parte inferior desta entrada.

En 3º e 4º elixiron cinco poemas que ilustraron de xeito moi creativo (poesía visual) e que tamén gravaron na radio. Podedes escoitalos tamén ao final da páxina. Ademais, unha das nenas da aula realizou un mural sobre a biografía da nosa protagonista.

Por último, en 5º e 6º falaron das inxustizas do mundo que nos rodea. De todas elas, decidiron seleccionar as que facían referencia ao mundo natural. Partindo desa observación preocupante, e da pregunta proposta pola AELG “Que diría Rosalía?”, modificaron algúns dos versos da poeta para reescribilos como se foran a propia Rosalía vivindo na nosa época. O resultado desas composicións gravárono en Radio Rosiña e expuxérono nun mural que recolle os poemas traballados.

Para colocalo, prepararon tamén unha instalación, que é un tipo de arte que utiliza o espazo no que se coloca (paredes, teitos, chan…) xunto con outros elementos. O que trata de facer unha instalación é que a persoa espectadora interactúe coa obra: que se mova ao seu redor, que reflexione sobre o seu significado, etc. Podedes escoitar o resultado premendo nos enlaces que atopades a continuación.

Estupendo traballo para homenaxear a unha poeta da que debemos sentirnos moi orgullosas!!! Non deixedes de ler a Rosalía!!!

Contido multimedia

Descargar Día de Rosalía 1º e 2º.mp3 [1.55MB]
Details

Contido multimedia

Descargar Día de Rosalía 3º e 4º.mp3 [1.88MB]
Details

Contido multimedia

Descargar Día de Rosalía 5º e 6º.mp3 [2.32MB]
Details