DESPEDIDA DE YANI
O 31 de Maio foi o último día da nosa auxiliar de conversa Yani. Como despedida decidimos facer un pequeno acto onde as alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria recordaron o paso de Yani polo centro cunha presentación. Ao rematar déronlle a Yani varios regalos feitos por elas e eles e tamén enseñaron a todo o profesorado e o resto de alumnos unha parte do "tinikling", o baile tradicional filipino que Yani nos ensinou.
Foi unha xornada moi emotiva. Botarémoste moitísimo de menos Yani! We will miss you!