Biblioteca Víctor Sáenz

O blog de Rosiña

O blog de Rosiña

Radio

Radio

Radio 23-24

Radio 23-24

Celebracións

Festival de Fin de Curso

Festival de Fin de Curso

Os maios

Os maios

Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

Día da Terra

Día da Terra

Día do Libro

Día do Libro

Easter

Easter

St. Patrick's Day

St. Patrick's Day

Día da Muller

Día da Muller

Día mundial da radio

Día mundial da radio

Día de Rosalía

Día de Rosalía

Entroido 22-23

Entroido 22-23

Día da Paz

Día da Paz

Saídas

Xornada de Convivencia en Corrubedo. 14-06-2023

Visita a Radio Nordés

Visita a Radio Nordés

Participación no Parlamento de Galicia

Participación no Parlamento de Galicia

Excursión a Camelle

Excursión a Camelle

Excursión a Muxía

Excursión a Muxía

Xoán Curiel e Charo Pita

Xoán Curiel e Charo Pita

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

Consello Autonómico da Infancia e Adolescencia de Galicia

FP Innova 2023

FP Innova 2023

Campo a través

Campo a través

Teatro en inglés

Teatro en inglés

Actividades

Charla espazos naturais protexidos

Charla espazos naturais protexidos

Xogos con materiais reciclados

Xogos con materiais reciclados

Ciencia en Movemento

Ciencia en Movemento

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de compostaxe con Adega

Obradoiro de insectos

Obradoiro de insectos

Eventos

Cinema na Aula

Cinema na Aula

Despedida de Yani

Despedida de Yani

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Homenaxe a D. Herminio e Dª Mercedes

Details

XORNADA DE CONVIVENCIA EN CORRUBEDO

A xornada de convivencia deste curso desenvolveuse nun lugar moi especial: o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, situadas no concello de Ribeira.

A experiencia foi fantástica e moi completa, xa que puidemos coñercer o Parque guiadas por grandes expertas que nos foron contando información moi interesante sobre a fauna e a flora do lugar, entre outras cousas. Ao tratarse dun grupo moi grande, dividímonos noutros máis pequenos para que o persoal do Centro de Recepción de Visitantes do Parque, así como Jorge e Laura do CEIDA, nos foran guiando polas diferentes rutas programadas.

Tivemos tamén a oportunidade de achegarnos ata a gran duna móbil, onde Jorge fixo unha necesaria reflexión sobre a importancia de coñecer estes lugares para valoralos e coidalos, para que poidamos seguir desfrutando deles!

Ademais do Parque Natural, subimos ata o Miradoiro da Pedra da Ra, onde as vistas deixaban sen palabras a máis dunha!

E, para rematar, achegámonos ao parque periurbano de San Roque, onde xantamos e desfrutamos coa actuación do grupo Orquestra de Camarote, do que forma parte Damián, a quen coñecemos pola Asociación Ponte nas Ondas. Cantando, bailando, falando e rindo moito pasou o resto da tarde.

Desexamos que todas as persoas que nos acompañastes levarades tamén un bo recordo e que poidamos seguir celebrando xuntanzas así de fermosas.

Apertas!!!!

Vídeo

Descargar QXHY9468.MP4 [7.52MB]
Details

Vídeo

Descargar YKUD4133.MP4 [5.94MB]
Details