EXCURSIÓN A MUXÍA
O 18 de maio fixemos unha excursión a Muxía en dous autobuses. Un deles levou ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, para realizar unha actividade relacionada co proxecto radiofónico que a ONG Ayuda en Acción desenvolve no noso cole: investigar sobre o "Prestige" para gravar un programa en Radio Rosiña, xa que o pasado 2022 se cumpriron 20 anos do seu afundimento. Acompañado por Lorena, Sergio e Susi, o grupo tivo a oportunidade de visitar o Museo do Voluntariado guiado por Marian Sambad. Despois acompañounos Santi -un percebeiro do pobo- ata o Santuario da Virxe da Barca, ao tempo que lles ía contando moitas e interesantes cousas sobre a paisaxe, o mar, os traballos relacionados co mar, etc. No Santuario tiveron a oportunidade de falar con Miguel -traballador de Protección civil-, xusto antes de facer unha última parada na lonxa, onde Leonor lles contou como fora a súa experiencia como cociñeira para todo o voluntariado que no momento da catástrofe se atopaba alí. Parte destas interesantes conversas foron gravadas, e no que resta de curso, o alumnado de 5º e 6º, coa axuda de Sergio Pascual, emitirá un programa adicado ao "Prestige" do que, por suposto, seredes informadas!!!
E mentras, o outro autobús levaba ao resto do colexio (alumnado de Infantil e de 1º a 4º de Primaria e profesorado) para coñecer tamén eses lugares tan fermosos de Muxía, e ademais cuns guías moi especiais: a nai e o avó de Martiño e Lucía!!!
A verdade é que foi unha viaxe fantástica, así que moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible levala a cabo.