VISITA A RADIO NORDÉS
O alumnado de 5º e 6º viaxou o 8 de xuño ata Fisterra. O motivo foi a gravación dun programa de radio no Museo da Pesca, dentro das actividades que a ONG Ayuda en Acción desenvolve no cole este curso. Aproveitando esa viaxe, pensamos que era boa idea visitar a emisora local que a Cadena SER ten en Cee: Radio Nordés. Alí recibiunos Josiño Mira, quen nos contou como era o seu traballo día a día na radio. A conversa foi moi entretida e cargounos as pilas para continuar despois camiño de Fisterra, onde Sergio Pascual nos esperaba para retransmitir o noso programa adicado ao Prestige, e que podedes ver no apartado deste blog adicado á Radio.
José Manuel tivo o detallazo de permitir tamén que o alumnado participara no programa que retransmitiu ese mesmo día, respondendo a algunhas preguntas que podedes escoitar nos podcasts que atoparedes no inferior da noticia.
Desde aquí queremos dar as grazas a José Manuel por este agasallo tan fermoso e inspirador para o alumnado do noso cole!!!