CHARLA E OBRADOIRO SOBRE OS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS
Dentro do proxecto “Naturézate” (Plan Proxecta+) no que participamos este curso, o alumnado de primaria asistiu a unha charla no colexio sobre os espazos naturais protexidos galegos (Complexo Dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Fragas do Eume, Parque Nacional das Illas Atlánticas...).
Tamén participaron no obradoiro "Pegadas, rastros e sinais", no que viron algúns rastros que deixan os animais que viven nestes espazos naturais e elaboraron copias das súas pegadas.