Unha imaxe
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA
Entre as actividades realizadas para celebrar o Día das Letras Galegas destacou unha que celebramos na nosa biblioteca: "Sorpresa!", da compañía de teatro A Xanela do Maxín. Nela, a actriz, Sara Laya, foinos amosando caixas sorpresa cheas de historias, aventuras e fantasía! Cada caixa era única e especial, e ao abrilas revelaban o que agochaban no seu interior: agasallos baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e… repartir!). Unha experiencia moi divertida e moi relacionada co proxecto deste curso. Moitísimas grazas, Sara!!!